Expediente: IN407A 2024/180-1.
Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMT, CT e RBT Tribaldes.
Concello: Teo.
Características técnicas:
As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no lugar de Tribaldes, parroquia de Bamonde (Santa María), no concello de Teo.
– LMTS a 20 kV de 635 metros, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no novo apoio número A9ASV4WI//61 proxectado, tipo C-1000/16, que se vai instalar preto do existente, que se desmantelará, da LMT SNT813 (expediente IN407A 2016/2383-1), procedente da subestación Santiago, no cal se instalará un interruptor telecontrolado RC e remate no CTC proxectado. O condutor discorrerá entubado por canalización baixo terra e calzada ata o centro de transformación proxectado.
– CT no lugar de Tribaldes compacto prefabricado tipo rural de manobra exterior, cunha potencia de 160 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 1L+1P.
Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Dirección Territorial Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria:
https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 22 de outubro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Teo
Expediente IN407A 2024/180-1
LMT, CT e RBT Tribaldes
|
Predio proxecto |
Persoa propietaria/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección de solo pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
Natureza do terreo |
||||
|
Apoio núm./CT |
Superficie (m2) |
ml. aér. |
ml. sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
|||||
|
1 |
Descoñecida |
15083B505001550000SW |
Prado de Lamas |
CT |
24,98 |
Rústico |
||||
|
2 |
Descoñecida |
15083B505003620000SM |
As Quintáns |
apoio |
2,0 |
2,48 |
7,48 |
Rústico |
||
Abreviaturas:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér: superficie de servidume aérea en m².
m2 sot: superficie de servidume soterrada en m2.
