DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2024 Páx. 60610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Valga (expediente IN407A 2024/263-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

– Denominación: substitución do apoio núm. 26 da LAT 66 kV DC Padrón-Tivo alimentación P.I. Valga.

– Situación: Valga.

– Descricións técnicas:

Substitución do apoio núm. 26 (92046090) da LAT 66 kV dobre circuíto Padrón-Tivo, por un novo apoio (26 N) de celosía metálica, dotado de cadeas de illamento de amarre.

Retensado dos vans contiguos ao novo apoio 26N (749 metros comprendidos entre o apoio núm. 25 (92046089) e o núm. 27 (92043118).

A instalación está situada no municipio de Valga (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto estará á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 22 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. expediente: IN407A 2024/263-4.

Denominación: substitución do apoio núm. 26 da LAT 66 kV DC Padrón-Tivo alimentación P.I. Valga.

Concello: Valga.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio 26 N

m2

Afeccións

m2 sub.

Ocupación temporal

1

Pradiño

Labradío

36056A029001910000AT

Josefina Magariños Rey

19,00

119,00

150,00

2

Pradiño

Labradío

36056A029001920000AF

Silvia Magariños Garrido e Jorge Magariños Garrido

29,00

173,00

150,00