En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos do Sindicato de Médicos de Galicia.
(https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: poderán integrarse no seu seo todos os profesionais licenciados en Medicina e Cirurxía e facultativos titulados superiores que exercen no ámbito sanitario, que voluntariamente o soliciten.
– Asinantes: Enrique Carlos Marra-López Moreno e María Nuria González Cancelo.
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2024
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
