En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordoudepositar o acordo de modificación dos estatutos da Federación Empresarial Gallega de Talleres de Reparación de Vehículos.
(https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: asociacións de empresarios de talleres de reparación de vehículos.
– Asinantes: Santiago Vidal Ferro e Ricardo Borrajo Castro.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2024
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
