DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2024 Páx. 60672

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilariño de Conso

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público de 2024.

Mediante o Decreto de Alcaldía, do 21 de outubro de 2024, aprobouse a oferta de emprego público de 2024 co seguinte contido:

«Primeiro. Aprobar a seguinte oferta de emprego público do Concello de Vilariño de Conso para o ano 2024:

Persoal laboral:

Número de prazas: 1.

Categoría/grupo: III.

Denominación: persoal de atención (punto de atención á infancia).

Sistema de acceso: concurso-oposición libre.

Segundo. Publicar esta oferta de emprego no taboleiro de anuncios da Corporación, no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no Diario Oficial de Galicia».

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70 da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso de reposición potestativo, ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se opta por interpor o recurso potestativo de reposición non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.

Vilariño de Conso, 24 de outubro de 2024

Melisa Macía Domínguez
Alcaldesa