Logo de aprobar definitivamente o Plan especial de infraestructuras e dotacións culturais e educativas en San Amaro, publícase este para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e do 199 do seu regulamento.
Contra este acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácer xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.
San Amaro, 16 de outubro de 2024
Fernando Rodríguez Redondo
Alcalde
