DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2024 Páx. 60668

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO da convocatoria para prover unha praza de auxiliar de axuda no fogar.

Mediante este anuncio se lle dá publicidade á Resolución do 15 de outubro de 2024, referente á convocatoria para prover unha praza de auxiliar de axuda no fogar.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 243, do 21 de outubro de 2024, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

– Unha praza de auxiliar de axuda no fogar pertencente ao persoal laboral fixo deste concello, escala de Administración especial, subescala servizos especiais-servizos sociais comunitarios básicos, mediante o sistema de concurso-oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios do Concello, na páxina web www.concellodocorgo.com e no taboleiro de anuncios da sede electrónica.

O Corgo, 21 de outubro de 2024

Felipe Labrada Reija
Alcalde