O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 4.11.2024, adoptou o acordo de aprobar definitivamente a documentación do Plan parcial do sector de solo urbanizable delimitado S-16.R, redactada en outubro de 2024 polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Manuel Campo Díaz, que formaliza as condicións establecidas no acordo adoptado polo Pleno municipal na sesión do 27.6.2024 e as derivadas do requirimento formulado pola Dirección Xeral de Urbanismo do 9.9.2024.
O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse na seguinte ligazón: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica (+info).
Lugo, 12 de novembro de 2024
A alcaldesa
P.D. (Decreto 1727/2024)
Hipólito Pérez Novo
Director xeral de Urbanismo

