DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2024 Páx. 60753

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2024 pola que se nomea o persoal laboral fixo en virtude do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría de enxeñeiro/a técnico/a forestal, grupo II, categoría 007, de persoal laboral fixo.

Mediante o anuncio do 22 de decembro de 2022, publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 246, do 28 de decembro, anunciouse a convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría de enxeñeiro/a técnico/a forestal, grupo II, categoría 007, de persoal laboral fixo da Axencia Galega da Industria Forestal.

Mediante a Resolución do 19 de marzo de 2024, do director da Axencia Galega da Industria Forestal (DOG núm. 60, do 25 de marzo), nomeouse a Comisión de Selección do referido proceso selectivo.

Mediante a Resolución do 1 de outubro de 2024 (DOG núm. 198, do 14 de outubro) a Comisión de Selección publicou a baremación definitiva dos méritos acreditados polas persoas aspirantes que foron admitidas na convocatoria do referido proceso selectivo, facendo pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, e propuxo o seu nomeamento como persoal laboral fixo.

Polo exposto,

RESOLVO:

1. Aprobar a proposta da Comisión de Selección e nomear as persoas que se relacionan no anexo desta resolución persoal laboral fixo da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), tras a superación do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso.

2. Notificarlles ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo que deberán formalizar o seu contrato no prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. A adxudicación definitiva das prazas ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo efectuarase de acordo coas puntuacións obtidas.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Con todo, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo citado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2024

Jacobo José Aboal Viñas
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

ANEXO

Persoas seleccionadas para a contratación como persoal laboral fixo

Orde

NIF

Apelidos e nome

1

***684***

Rodríguez Ogea, Montserrat

2

***414***

Soilán Cañas, María Azahara