De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 4 de novembro de 2024 do proxecto de urbanización e electrificación da fase 3 do parque empresarial de Palas de Rei, no concello de Palas de Rei (Lugo), promovido por Xestión do Solo de Galicia (Xestur).
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2024
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
