Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Telecontrol en LMT SAD704, apoio AJ5E3CP0 55 1 no concello de Oleiros, acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do referido concello, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, e presentarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 4 de novembro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
|
Predio |
Lugar |
Titularidade proposta |
Data |
Hora |
|
1 |
Milleira |
Severo Mateos López |
4.12.2024 |
10.30 |
