Expediente: IN407A 2023/157-4.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMTA, LMTS ROS805, CTC Laxes, substitución do apoio 9O3MCHHM//115-1 e ITC.
Concello: Oia.
Feitos:
1. O 7 de marzo de 2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTA, LMTS ROS805, CTC Laxes, substitución do apoio 9O3MCHHM//115-1 e ITC.
A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e en que figura un orzamento total de 193.867,29 euros.
Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións no lugar de Laxes, na parroquia de Mougás, no concello de Oia (Pontevedra):
Instalación dun novo centro de transformación de 100 kVA de potencia, compacto rural de manobra exterior telexestionado con envolvente prefabricado de formigón, conectado ao tramo ROS8050197.
Desmontaxe de 771 metros da liña de media tensión aérea ROS805 nos tramos ROS8050200 (entre os apoios 9O3MCHHM//115-1 e 9O4NIB2J//115) e ROS8050197 (entre os apoios 9O16IVNW//115-2 e 9O3MCHHM//115-1).
Substitución do apoio 9O3MCHHM//115-1, desmóntase o XS 36H546, por un apoio do tipo C-3000/14, no cal se instalará un ITC.
Instalación dunha liña de media tensión aérea (LMTA) de 258 metros entre os apoios 9O4NIB2J//115 e 9O16IVNW//115-2. Neste último apoio instálase un novo conxunto de XS.
Para alimentar o centro de transformación proxectado, proxéctase unha liña de media tensión subterránea de 573 metros.
2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Oia e o Servizo do Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido polo Concello de Oia.
O Servizo do Patrimonio Cultural non emitiu o condicionado técnico entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.
3. Mediante os escritos do 29.3.2023, este departamento territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da referida instalación eléctrica ás persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.
4. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 29 de marzo de 2023 publicada nos seguintes medios:
DOG (Diario Oficial de Galicia): 27.4.2023.
Xornal Faro de Vigo: 27.4.2023.
Taboleiro de anuncios do Concello de Oia desde o 27.4.2023 ata o 12.6.2023, segundo o certificado emitido polo propio concello.
Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
Durante este trámite non se recibiron alegacións.
5. O 10.5.2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou un modificado do proxecto para dar resposta ao condicionado emitido polo Concello de Oia. Neste modificado recolle a necesidade de mover lixeiramente o centro de transformación que permanece nas mesmas parcelas afectadas, pero a 4 metros do eixe da vía.
O modificado ao proxecto de execución foi asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e nel figura un orzamento incrementado en 217,96 euros.
6. Mediante os escritos do 29.5.2023, este departamento territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da referida instalación eléctrica ás persoas que figuran afectadas na nova relación de bens e dereitos actualizada achegada pola empresa promotora. Non se recibiron alegacións.
7. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ao Concello de Oia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido.
Consideracións legais e técnicas:
1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.
3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
Substitución do apoio 9O3MCHHM//115-1 da LMTA ROS805, en Mougás, por un apoio C-3000/14, no cal se instala un interruptor telecontrolado.
Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 258 metros de lonxitude, coa orixe no apoio existente 9O4NIB2J//115 e final no apoio existente 9O16IVNW//115-2.
Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 574 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-3000/14, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación (CT) proxectado.
Centro de transformación a 100 kVA, con RT 20 kV/400 V, situado nas parcelas con referencia catastral 36036A008001330000QK e 36036A008001340000QR, no camiño das Cambas, nº 16-18.
A instalación está situada en Laxes, na parroquia de Mougás, no concello de Oia (Pontevedra).
Conforme o indicado,
RESOLVO:
1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTA, LMTS ROS805, CTC Laxes, substitución do apoio 9O3MCHHM//115-1 e ITC, expediente IN407A 2023/157-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.
2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado de dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 23 de outubro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados, Concello de Oia
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio/CT |
Afeccións |
||||
|
Nº |
m2 |
ml aér. |
ml sub. |
m2 aér. |
m2 sub. |
|||||
|
1 |
As Cambas |
Rústico |
36036A008001330000QK |
María Domínguez Cuevas |
CT |
14,96 |
1,73 |
3,41 |
||
|
2 |
As Cambas |
Rústico |
36036A008001340000QR |
José Arriscado Aguado e Olimpia Fernández Aguado |
CT |
14,96 |
1,73 |
3,62 |
||
|
3 |
As Cambas |
Rústico |
36036A008000990000QO |
Elia Rodríguez González |
2,13 |
3,76 |
||||
|
4 |
Galgueiro |
Rústico |
36036A011007020000QT |
Cayetano Miniño Rodríguez |
2,81 |
1,89 |
||||
|
5 |
Galgueiro |
Rústico |
36036A011007010000QL |
Alejandro Rodríguez Rodríguez |
26,53 |
24,85 |
||||
|
6 |
Muro |
Rústico |
36036A011000030000QO |
Josefina Pérez Domínguez |
7,38 |
3,81 |
||||
|
7 |
Calqueiros |
Rústico |
36036A011000040000QK |
José Granja Rodríguez e María Granja Rodríguez |
Apoio 12 |
1,44 |
59,70 |
106,14 |
||
