DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2024 Páx. 60893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2023/191-4).

Expediente: IN407A 2023/191-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS VAA708 e CTC Gonda.

Concello: Gondomar.

Feitos

1. O 23.3.2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS VAA708 e CTC Gonda.

A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4.598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e en que figura un orzamento total de 83.221,89 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións no lugar de Lago, na parroquia de Morgadáns, no concello de Gondomar (Pontevedra):

Retirada do centro de transformación intemperie Gonda (36A745) de 160 kVA situado no apoio 9WFJLJ2G//39-26-5-CTA e instalación dun novo centro de transformación de 250 kVA de potencia, de manobra exterior 2L1P TC TG en envolvente prefabricada de formigón, conectado ao tramo aéreo VAA7080760 mediante un paso aéreo subterráneo no apoio 9WFJLJ2G//36-26-5-CTA.

Para alimentar o centro de transformación proxectado, proxéctase unha liña de media tensión subterránea de 176 metros.

2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Gondomar, o Servizo do Patrimonio Cultural, a Axencia Galega de Infraestruturas e a Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA). A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polo Servizo do Patrimonio Cultural e AESA.

O informe emitido polo Concello de Gondomar recolle que a localización do centro de transformación non cumpre co recuamento frontal ao aliñamento de 5 metros do lindeiro co camiño.

A Axencia Galega de Infraestruturas non emitiu o condicionado técnico entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

3. Mediante escritos do 5.5.2023, este departamento territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da referida instalación eléctrica ás persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

Naqueles casos en que non foi posible efectuar a notificación ás persoas titulares das parcelas afectadas, publicáronse os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 5.6.2023 e do 3.7.2023 e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 8.6.2023 e do 6.7.2023, co fin de realizar a notificación por comparecencia.

4. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 5.5.2023, publicada nos seguintes medios:

DOG (Diario Oficial de Galicia): 1.6.2023.

Xornal Faro de Vigo: 5.7.2023.

Taboleiro de anuncios do Concello de Gondomar desde o 1.6.2023 ata o 14.7.2023, segundo o certificado emitido polo propio concello.

Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

Durante este trámite non se recibiron alegacións.

5. O 27.9.2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou un modificado do proxecto para dar resposta ao condicionado emitido polo Concello de Gondomar, e despraza o centro de transformación proxectado a 9 metros do eixe da estrada.

O modificado ao proxecto de execución foi asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e nel figura un orzamento total de 83.221,89 euros.

6. Como non foi posible efectuar a notificación ás persoas titulares da parcela afectada pola modificación proposta e recollida na nova relación de bens e dereitos afectados, publicáronse os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 13.11.2023 e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 16.11.2023, co fin de realizar a notificación por comparecencia.

7. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ao Concello de Gondomar. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Dirección Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 177 metros de lonxitude, coa orixe no pórtico existente formado por dous apoios de tipo HV-1000/13 con matrícula 9WFJLJ2G//36-26-5-CTA, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación compacto telecontrolado a 250 kVA, con R.T. 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 3020805NG2632S0001EH, no camiño Lago.

Desmontaxe do centro de transformación intemperie Gonda.

A instalación está situada no lugar de Lago, parroquia de Morgadáns, no municipio de Gondomar (Pontevedra).

Conforme o indicado,

Resolvo:

1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS VAA708 e CTC Gonda, expediente IN407A 2023/191-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:

As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

Un certificado de dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 23 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

Anexo

Relación de bens e dereitos afectados-Concello de Gondomar

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Pedra-Morgadáns

Labor

2820541NG2622S0001GS

Roberto Alonso González e Olga Alonso González

16,69

60,00

2

Pedra-Morgadáns

Urbana

3020805NG2632S0001EH

Descoñecido/a

16,81

7,71

30,81