De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador por infracción na orde social, devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación electrónica, esta non se puido efectuar.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor un recurso de alzada, perante a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.
Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante o Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social, do Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en Lugo, situado na ronda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución.
Advírteselle que de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.
Expediente: 2021/102 (acta: I272021000023634).
Data da resolución: 3 de outubro de 2024.
Empresa: José Antonio Fuente Rodríguez.
Enderezo: rúa Abeledos, 148, 1ºA, 27400 Monforte de Lemos (Lugo).
Lugo, 4 de novembro de 2024
Carmen José López Rodríguez
Directora territorial de Lugo
