DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2024 Páx. 60930

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deportiva Municipal A Illa de Arousa

ANUNCIO da convocatoria de axudas para entidades deportivas sen fin de lucro da Illa de Arousa para a participación en competicións oficiais ou para o desenvolvemento de actividades ou escolas deportivas levadas a cabo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.

Bases: na sede da Fundación Deportiva Municipal A Illa de Arousa, rúa Palmeira, 25, 36626 A Illa de Arousa. Teléfono: 986 52 70 80. Fax: 986 52 87 00.

Lugar de presentación: na sede da Fundación Deportiva Municipal A Illa de Arousa.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 20 de decembro de 2024 desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Resolución: conforme os criterios establecidos nas bases.

A Illa de Arousa, 21 de outubro de 2024

Luis Arosa García
Presidente da Fundación Deportiva Municipal A Illa de Arousa