De conformidade co establecido na base III.3 do proceso selectivo, e en virtude da sesión que tivo lugar o 24 de outubro de 2024, a Comisión de Selección nomeada para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos postos de técnico Cexar e técnico de Campo na categoría oficial de comunicacións/auxiliar técnico de comunicacións do grupo V da entidade instrumental do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.
ACORDOU:
Primeiro. Facer pública a baremación provisional dos méritos que se relacionan no anexo desta resolución, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que foron baremadas de acordo coas regras contidas na base III.1.1 da convocatoria.
A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figurará reflectida no portal web corporativo de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.: https://www.retegal.es/gl/transparencia/personal
Segundo. De acordo co establecido na base III.3 da convocatoria, contra a baremación provisional as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante a propia Comisión de Selección, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG da dita baremación.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2024
Juan Cores Calvo
Presidente da Comisión de Selección
ANEXO
|
Apelidos, nome |
NIF/NIE |
Experiencia |
Formación |
Galego |
Baremación provisional fase de concurso (puntuacion total) |
|
Corral Fontán, Juan Manuel |
***9661** |
70,00 |
25,00 |
3,00 |
98,00 |
|
Romero Rivas, Roberto José |
***4322** |
69,60 |
8,00 |
3,00 |
80,60 |
|
Vidal Albaladejo, Antonio |
***8054** |
49,50 |
25,00 |
0,00 |
74,50 |
|
Pereiro Cornes, Francisco Javier |
***3362** |
26,40 |
25,00 |
3,00 |
54,40 |
|
Pesqueira Vázquez, David |
***3095** |
25,50 |
25,00 |
3,00 |
53,50 |
