DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2024 Páx. 60851

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2024 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de Química Orgánica.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 27 de xuño de 2024 (BOE do 8 de xullo), para a provisión da praza número 24/003 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Química Orgánica, departamento de Química desta universidade, a favor de Francisco Fernández Trillo, con DNI núm. ***9872**, e unha vez que a persoa interesada acreditara os requisitos establecidos na convocatoria, esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Lei 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e as demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Francisco Fernández Trillo profesor titular de universidade da área de coñecemento de Química Orgánica, departamento de Química desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 7 de novembro de 2024

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado