DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2024 Páx. 60852

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2024 pola que se nomea profesorado do corpo docente universitario de catedráticas e catedráticos de universidade.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante Resolución do 25 de xuño de 2024 (BOE do 2 de xullo), e unha vez presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria, esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e as demais disposicións concordantes, resolve efectuar o nomeamento das persoas que se relacionan no anexo.

Os citados nomeamentos producirán efectos a partir da correspondente toma de posesión por parte das persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Número de concurso

Nome

Apelidos

DNI

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Localidade

Código
da praza

36C/24

Antonio Domingo

Pose Reino

***2559**

Catedráticas e catedráticos de universidade

Medicina

Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina

Santiago de Compostela

A00813

37C/24

Juan Enrique

Domínguez Muñoz

***6273**

Catedráticas e catedráticos de universidade

Medicina

Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermería e Medicina

Santiago de Compostela

A00814