De conformidade co establecido nas bases xerais reguladoras dos procesos extraordinarios de estabilización do emprego temporal do Concello de Fene e unha vez rematado o proceso selectivo, mediante a Resolución da Alcaldía 1327/2024, do 16 de outubro de 2024, nomeouse a Sonia María Sáez Montero, con DNI ***1214**, María Ángeles Fernández Vázquez, con DNI ***4932**, María Guadalupe Fraga Fernández, con DNI ***3170** e María de los Ángeles Calvo García, con DNI ***4500**, persoal laboral fixo do Concello de Fene, de catro prazas de auxiliar administrativo/a, coa clasificación: segundo o convenio, equivalente subgrupo C2 e incluída na oferta de emprego público do ano 2021.
As persoas interesadas poden consultar o texto íntegro da resolución en:
https://sede.fene.gal/sxc/gl/informacion/tablon/2024/ANUNCIO_PROG_20241016143000166.html
Fene, 17 de outubro de 2024
Juventino José Trigo Rey
Alcalde
