Expediente: P 28/17 (2017006763).
Obxecto: solicitude de expropiación para a colocación do ascensor (licenza de obra p 28/17).
Enderezo: Alcalde Usero 52-54.
Trámite: publicación da aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta.
A Xunta de Goberno Local do 8 de abril de 2024 aprobou inicialmente o proxecto de expropiación parcial de local en planta baixa para instalación de ascensor en edificio de vivendas na rúa Alcalde Usero 52-54, xunto cos seus anexos, por solicitude da comunidade de propietarios do edificio Alcalde Usero 52-54, polo procedemento de taxación conxunta.
De acordo co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente exponse ao público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da inserción no Diario Oficial de Galicia, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos, debendo achegar a documentación acreditativa do seu dereito no devandito prazo.
O expediente pode consultarse no Negociado de Licenzas do Concello de Ferrol (rúa María, 52-54, 3º, das 9.00 ás 14.00 horas). Cita previa: 981 94 40 00 (extensión 315).
Para xeral coñecemento, e para os efectos das alegacións oportunas no dito prazo, exponse a seguinte relación de bens e dereitos afectados:
Titulares: herdeiros de Ángel Canosa Naveiras e de Josefina Blanco Martínez.
Ben: local comercial na planta baixa.
Local rexistral: 23.405 do Rexistro da Propiedade de Ferrol.
Tipo afección: parcial.
Superficie afectada: 3 m2.
Valor da expropiación: 2.593,49 €.
Beneficiaria da expropiación: comunidade de propietarios edificio rúa Alcalde Usero 52-54.
Ferrol, 21 de outubro de 2024
José Manuel Rey Varela
Alcalde
