Para os efectos de coñecemento dos interesados, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo, o intento de mutuo acordo do expediente expropiatorio polas obras de trazado de mellora da seguridade viaria (MSV) na PO-531, treito PO-310-VG-4.8, de clave PO/21/132.06, no concello de Pontevedra.
As persoas poden tomar vista do expediente no Servizo Provincial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas.
A eficacia desta notificación queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Pontevedra, 5 de novembro de 2024
Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra
ANEXO
|
Predio |
Ref. catastral |
Persoa interesada |
|
5 |
36900A174006940000PL |
Fuerzas Eléctricas del Noroeste, S.A. |
|
12 |
36900A174003530000PX |
Cochón Fernández, José |
