A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 27 de agosto de 2024, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística en relación cunhas obras realizadas en solo de núcleo rural, expediente CO-0048-2024.
Ao non poder realizar a notificación persoal deste acordo á persoa titular do documento nacional de identidade número 45874268D, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase efectuada.
A persoa interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar as alegacións, os documentos ou as informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.
Para que conste, e lle sirva de notificación á persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2024
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
