DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2024 Páx. 61072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente SAN-OU-0025/2024-BA.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

O acto foi adoptado polo instrutor do procedemento.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias do Departamento Territorial do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido este prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no BOE.

Ourense, 12 de novembro de 2024

José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: SAN-OU-0025/2024-BA.

Persoa interesada: X3987442R.

Acto de notificación: proposta de resolución de expediente sancionador.