DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2024 Páx. 61073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 14 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 483.

Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 11 de outubro de 2024, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:

Identificación e localización: parcela número 483 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 74,95 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG número 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa (mediante o pacto sucesorio de mellora).

Actual titular: María del Carmen Chaves González (***4909**).

Novo titular: Carlos Fariña Chaves (***7276**).

O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.

Vigo, 14 de outubro de 2024

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo