DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2024 Páx. 61074

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de outubro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Campo Lameiro que supón a extinción da DH.A36.03121 (expediente DH.A36.97740).

En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Aquacerfont.

Expediente: DH.A36.97740.

Volume total anual: 8.361,17 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,19 l/s.

Destino: abastecemento e uso gandeiro.

Orixe: dous (2) mananciais.

M1 na parcela 692, polígono 30.

M2 na parcela 652, polígono 30.

Ambos do catastro de Campo Lameiro.

Lugar: Fontenla.

Parroquia: Fragas.

Concello: Campo Lameiro.

Descrición:

A auga captada dos mananciais condúcese a caseta na parcela 335, polígono 33, que contén 60 depósitos de 2.000 l. Dos depósitos parten tubos cara puntos que abastece a Comunidade nos lugares de Cerdeiras e Fontenla (Fragas, Campo Lameiro).

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 4 de outubro de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur