DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2024 Páx. 61076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 16 de outubro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Porto do Son (expediente DH.A15.103289).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Ana María Franco Chouza.

DNI: ***5154**.

Expediente: DH.A15.103289.

Volume total anual: 1.254,50 m3/ano.

Destino: rega.

Orixe: rego de Corral de Abaixo.

Lugar: Esparrelle.

Parroquia: Caamaño.

Concello: Porto do Son.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na derivación de caudal do rego mediante canles abertas no terreo, con barreira rudimentaria practicable, de sección aproximada 30×30 cm, para regar por gravidade as parcelas núms. 1528, 1531 e 1518 do polígono 29. As augas derívanse nos puntos de coordenadas UTM X=498.151 Y= 4.722.610 para as dúas primeiras parcelas e no X=498.016 Y=4.722.615 para a terceira.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro