De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa titular do NIF 33043591C a proposta de resolución do expediente sancionador do 15 de outubro de 2024 ditada no procedemento de denuncia en materia de verteduras DH.D15.101635.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar unha cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.
Así mesmo, indícase que poderá presentar alegacións, perante a Área de Verteduras de Augas de Galicia, no prazo de quince días contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2024
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
