En sesión que tivo lugar o 6 de novembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de decembro de 2023 (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG número 129, do 7 de xullo),
ACORDOU:
Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas.
Segundo. De conformidade co disposto na base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren a documentación prevista na citada base.
Terceiro. Elevar a dita resolución á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas aspirantes que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario en prácticas.
Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2024
Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal
ANEXO
|
DNI |
Apelidos e nome |
Puntuación primeiro exercicio |
Puntuación segundo exercicio |
Puntuación terceiro exercicio |
Puntuación cuarto exercicio |
Puntuación quinto exercicio |
Total |
|
***6080** |
Soubrier Benavides, Jordán |
75,69 |
76,88 |
91,60 |
65,63 |
Exenta/o |
309,80 |
|
***0761** |
Viqueira Miranda, María del Pilar |
53,12 |
71,90 |
69,50 |
81,50 |
Exenta/o |
276,02 |
|
***0060** |
Rodríguez Mato, Silvia |
54,86 |
55,25 |
80,60 |
59,38 |
Exenta/o |
250,09 |
