DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2024 Páx. 60986

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 13 de novembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en categorías do grupo I do persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso a determinadas categorías.

Advertido un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 221, do 15 de novembro de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 60546, onde di:

«Segundo. Elevar a devandita relación de aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira».

Debe dicir:

«Segundo. Elevar a devandita relación de aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como laborais fixas».