DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2024 Páx. 61064

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica ás persoas interesadas a Resolución do 30 de outubro de 2024 relativa a instalacións eléctricas no concello de Ramirás, na provincia de Ourense (expediente IN407A 2024/078-3).

Mediante a Resolución do 30 de outubro de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, as instalacións eléctricas no concello de Ramirás (expediente IN407A 2024/078-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, neste departamento territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º andar (Servizo de Enerxía e Minas), de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 4 de novembro de 2024

A directora territorial de Ourense
P.S. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2024/078-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA CEL805 en tramo entre apoios nº 50 e nº 58.

Termo municipal: Ramirás.

Predios

Propietarios

Afección

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Referencia catastral

Apoio ou CTC

Servidume de voo

Superficie ocupada m2

Lonx. mts.

Sup. afect m2

1

Parcelaria

Prado

Josefina Amoeiro Rodríguez

32069A501002410000DI

53

2

2

Parcelaria

Monte Baixo

José Antonio Fernández Fernández

32069A501102230000DR

54

2

3

Parcelaria

Monte Baixo

Celsa Atrio Fernández

32069A501202230000DH

55

2

5

Parcelaria

Monte Baixo

Hdos. de Sergio Pardo

32069A501001740000DD

57

2