DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2024 Páx. 61058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se conceden a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Irixoa (expediente IN407A 2022/297-1).

Expediente: IN407A 2022/297-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: regulamentación LAMT PED706 Guimil 6 entre os apoios nº AU0BBQE//68 e nº AUD2L2H2//74.

Concello: Irixoa.

Feitos:

1. O día 26 de setembro de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. O dito proxecto ten a finalidade de regulamentar a liña por distancia insuficiente dos condutores ao terreo.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado: regulamentación LAMT PED706 Guimil 6 entre os apoios nº AU0BBQE//68 e nº AUD2L2H2//74, asinado con data do 30 de xaneiro de 2022 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, con nº colexiado LE-1010.

• Anexo, asinado o 2 de setembro de 2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, con nº colexiado 15.670 de Madrid.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo de data do 3 de maio de 2023, publicado nos seguintes medios:

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

– Diario Oficial de Galicia: 26 de maio de 2023, co número 99.

– Boletín Oficial da provincia: 9 de maio de 2023, co núm. 87.

– Xornal La Voz de Galicia: 18 de maio de 2023.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo o certificado municipal do secretario do Concello de Irixoa de data do 2 de novembro de 2023.

3. Durante o período no que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte na que a instalación puidese prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica corrrespondente. Solicitóuse o preceptivo informe ao Servizo Provincial do Patrimonio Cultural-Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña e o Concello de Irixoa. Patrimonio Cultural achegou a autorización ás actuacións e UFD aceptou o condicionado. No día desta resolución, non consta no expediente resposta do organismo afectado, é dicir, o concello, á emisión do condicionado solicitado.

5. O día 15 de outubro de 2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro) e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no Concello de Irixoa.

• Instalación dun reconectador telecontrolado en apoio con matrícula 9J9LXES6//11-B-1 da LMTA. PDS805 (expediente: 52170). Substitución do apoio de formigón existente 9J9LXES6//11-B-1 por un novo apoio tipo celosía C-3000-14. Retirada dos fusibles XS. Retensado do condutor tipo LA-30 entre os apoios 11 e 11-B-1, cunha lonxitude de 61 metros e en condutor tipo LA-56 entre os apoios 11-B-1 e 11-B-2, cunha lonxitude de 131 m. Retíranse os curtacircuítos fuxibles XS do apoio 11-B-1.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 28 de outubro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Regulamentación LAMT PED706 Guimil 6 entre os apoios nº AU0BBQE//68 e nº AUD2L2H2//74

Relación de bens e dereitos afectados-Concello de Irixoa

Expediente: IN407A 2022/297-1.

Predio do proxecto

Persoa propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección de solo pleno dominio

Afección de solo por servidume
de paso de enerxía eléctrica

Natureza
do terreo

Apoio núm.

Superficie (m2)

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

María Rendal Bello

Polígono: 503

Parcela: 1166

Cortiña

69-bis

2.0

Urbana

Abreviaturas:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.