DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2024 Páx. 61017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 15 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública o plan de restauración da concesión de explotación Esperanza número 4766.1, no concello de Carballeda de Valdeorras.

Para os efectos previstos no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño), este departamento territorial acorda someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo, o Plan de restauración da concesión de explotación Esperanza número 4766.1, no termo municipal de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense, promovido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Robledo de Domiz.

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo dito plan poderán examinalo nas dependencias deste departamento territorial, rúa Curros Enríquez, 1-3ª, 32003 Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no portal da consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

Así mesmo, poderán formular as súas alegacións por escrito perante este órgano administrativo, que se presentarán en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación do Plan de restauración da concesión de explotación Esperanza número 4766.1, cuxa autorización compete á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, ao abeiro do establecido na Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas.

Ourense, 15 de outubro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense