DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2024 Páx. 61018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 28 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica nos concellos de Vimianzo e Zas (expediente IN407A 2024/218-1).

Expediente: IN407A 2024/218-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT VIM-802 apoios 24 a 30.

Concello: Vimianzo e Zas.

1. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse nos lugares do Tourallo, Braña Branca, Tras da Canteira e Monte Pedrido, nos concellos de Vimianzo e Zas.

– Retensado do tramo LMTA a 20 kV, de 862 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 9ILB7BXJ//64-24 existente da LMT VIM802, procedente da subestación Vimianzo e remate no apoio nº 9J213268//64-30 existente. Substitución dos apoios nº 9IN3S74H//64-25, tipo HV-400/12, por tipo C-1000/16; nº 9IPTCII5//64-26, tipo HV-400/12, por tipo C-1000/14, nº 9IRVO5BQ//64-27 tipo HV-400/12, por tipo C-1000/14; e nº 9IUWX8DV//64-28 tipo HV 400/12, por tipo C-1000/16.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Dirección Territorial Consellería de Economía e Industria da Coruña, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderase consultar no Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica, e de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 28 de outubro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Regulamentación LMT VIM-802 apoios 24 a 30

Relación de bens e dereitos afectados-concellos de Vimianzo e Zas

Predio do

proxecto

Persoa

propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección de solo

pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Natureza

do

terreo

Apoio núm./CT.

Superficie

(m2)

ml. aér.

ml. sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Herdeiras/os de José Pérez Otero

15093A051011630000QA

O Tourallo-Vimianzo

Apoio nº 25

2.0

Rústico

2

Herdeiras/os de Virtudes López Núñez

15094A014000610000TM

Tras da

canteira-Zas

Apoio nº 26

2.0

Rústico

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m².

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.