DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2024 Páx. 61092

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de provisión do posto de traballo de director/a do Centro Infantoxuvenil Agarimo.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 220, do 12 de novembro de 2024, publicáronse as bases da convocatoria para a provisión do posto de traballo de director/a do Centro Infantoxuvenil Agarimo, polo sistema de libre designación.

O prazo para a presentación de solicitudes e demais documentación será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.

Pontevedra, 12 de novembro de 2024

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. nº 2024005761, do 10.7.2024)
Jesús Vázquez Almuiña
Deputado delegado de Asistencia aos Concellos, Transparencia
e Administración Xeral