O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de outubro de 2024, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Cerdedo-Cotabade por Acordo do Pleno, na sesión do 2 de agosto de 2024, para desenvolver as facultades íntegras de xestión tributaria e recadación da taxa pola prestación do servizo de rede de sumidoiros, saneamento e depuración de augas residuais.
A citada delegación realizaraa a Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.
O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos
Pontevedra, 25 de outubro de 2024
O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. núm. 2024005761, do 10.7.2024)
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Deputado delegado de Xestión Tributaria, Patrimonio e Formación e Emerxencias
