DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2024 Páx. 61086

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz

ANUNCIO da oferta de emprego público correspondente ás prazas que se ofertan para o ano 2024.

Por Resolución da Alcaldía número 746 do 18 de setembro de 2024 deste concello, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ás prazas que a continuación se apuntan para o ano 2024:

Persoal laboral.

Número

Denominación

Categoría

Situación

Grupo

Nivel

3

Auxiliar de axuda no fogar

Segundo convenio

Vacantes

V

12

1

Operario de lixo

Segundo convenio

Vacante

V

14

Persoal funcionario.

Número

Denominación

Categoría

Situación

Grupo

Nivel

1

Técnico de medio ambiente e xestión de residuos

A.E. (técnica)

Vacante ocupada por funcionario interino

A2

20

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, o artigo 70 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente, ou recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produciu a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente a dereito.

Mondariz, 24 de outubro de 2024

Pablo Barcia Bello
Alcalde