De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 de la citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado polo director territorial do Instituto Galego de Consumo e da Competencia.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2ª andar, ala Norte) da Coruña, das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 31 de outubro de 2024
Alejandro Bregua Cousillas
Xefe do Servizo de Consumo da Coruña
ANEXO
Expediente: 15S002/10/2023.
CIF/NIF: 13780261-H.
Acto notificado: resolución do expediente sancionador.
Expediente: 15S002/13/2023.
CIF/NIF: 32633168-D.
Acto notificado: resolución do expediente sancionador.
Expediente: 15S002/10/2024.
CIF/NIF: 47376564-Z.
Acto notificado: resolución do expediente sancionador.
Expediente: 15S002/57/2024.
CIF/NIF: 32660287-B.
Acto notificado: resolución do expediente sancionador
