De conformidade co establecido no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, foi aprobado inicialmente e sometido a información pública o proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, para a reposición do colector exterior de augas residuais dos proxectos de urbanización do Plan parcial de Navia, Vigo, mediante a Resolución do director xeral do IGVS do 30 de outubro de 2024 (DOG núm. 216, do 8 de novembro).
Durante o prazo de información pública, que será dun mes desde a data de publicación no DOG, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas, dirixidas á Área Provincial do IGVS en Pontevedra, no enderezo rúa Alcalde Hevia, 7, 36071 Pontevedra, así como nos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Igualmente, conforme o establecido no artigo 118.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, notificóuselles individualmente as valoracións ás persoas que aparecen como titulares dos bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de prezo xusto e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular as alegacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.
Ao non poderse realizar a notificación persoal do prazo de alegacións ás persoas titulares das parcelas relacionadas no anexo, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles o devandito trámite por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado. O prazo previsto para a súa presentación contarase desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Para que conste e lle sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2024
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
ANEXO
|
Referencia catastral |
Persoas ás cales se notifica |
|
0227941NG2702N0001LQ |
Costas Costas, Inés |
|
0227999NG2702N0001GQ |
Cacola |
|
0227998NG2702N0001YQ |
Costas Alonso, María Elena |
