DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2024 Páx. 61308

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Illa de Arousa

ANUNCIO da convocatoria e bases de selección de persoal funcionario.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 192, do 2 de outubro de 2024 e corrección de erros nº 207, do 23 de outubro de 2024, publicáronse íntegramente as bases e a convocatoria aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 19 de setembro de 2024, e corrección de erros do 10 de outubro de 2024, para a cobertura das prazas vacantes que se sinalan a continuación, incluídas nas ofertas de emprego público para os anos 2022 e 2023, aprobadas por Decreto da Alcaldía nº 2022-0765, do 22 de decembro, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 246, do 28 de decembro de 2022, e Decreto da Alcaldía nº 2023-0245, do 8 de maio, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 121, do 27 de xuño de 2023, respectivamente:

Persoal funcionario:

Nº prazas

Escala

Subescala

Grupo

Categoría/praza

Quenda

Sistema de acceso

1

Administración xeral

Administrativa

C1

Xefe negociado

Promoción interna

Concurso-oposición

1

Administración xeral

Administrativa

C1

Xefe negociado

Libre

Oposición

1

Administración especial

Servizos especiais

C1

Policía Local

Libre

Oposición

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A Illa de Arousa, 29 de outubro de 2024

Luis Arosa García
Alcalde presidente