DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2024 Páx. 61176

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba física.

En sesión que tivo lugar o 13 de novembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de abril de 2024 (DOG núm. 78, do 19 de abril), modificada pola Resolución do 21 de maio de 2024 (DOG núm. 102, do 28 de maio), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro, e corrección de erros DOG núm. 64, do 31 de marzo),

ACORDOU:

De conformidade co disposto na base 2.7.1 da Resolución do 20 de xaneiro de 2023 pola que se modifican as resolucións de 22 de decembro de 2022 polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos distintos corpos, escalas e categorías da Administración xeral e de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro de 2023), convocar para a proba física a persoa aspirante da escala técnica do Servizo de Gardacostas de Galicia (subgrupo A1) que corresponde seguindo a orde de puntuación obtida na fase de concurso, e que xe publicará no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

O exercicio para a realización das tres probas de aptitude física terá lugar o día 24 de novembro de 2024 nos seguintes lugares:

– Primeira proba (subida escala de vento): terá lugar o 24 de novembro de 2024 no Rocódromo Municipal de Pontevedra (Pavillón Multiúsos da Xunqueira, 1ª travesía da rúa Celso Emilio Ferreiro), en chamamento único que se iniciará ás 8.30 horas.

– Segunda proba (carreira de 1.000 metros): terá lugar o 24 de novembro de 2024 na pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) (rúa Padre Fernando Olmedo, s/n, de Pontevedra), en chamamento único que terá lugar ás 11.00 horas.

– Terceira proba (natación): terá lugar o 24 de novembro de 2024 na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) (rúa Padre Fernando Olmedo, s/n, de Pontevedra), en chamamento único que terá lugar ás 13.00 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno acreditativo que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade, e coa roupa e o calzado que consideren adecuados.

Deberán presentarse para a realización da primeira proba cun certificado médico oficial expedido dentro dos tres (3) meses inmediatamente anteriores á data de realización da primeira proba deste exercicio, nos termos expostos na base 2.7.1 da Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro), en que se faga constar que a persoa aspirante non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. A non presentación do dito documento suporá a exclusión da persoa aspirante do proceso selectivo.

O chamamento para cada proba do exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Para a proba de natación as persoas aspirantes utilizarán traxes de baño (que achegarán elas mesmas) do modelo que desexen. Queda prohibida a utilización de traxes de neopreno ou similares e axudas para a flotabilidade e/ou o incremento da velocidade de calquera tipo.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2024

Ana Belén Díaz Fernández
Presidenta do tribunal