De conformidade co disposto no artigo 24.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:
|
Instalación: fábrica de produción de compoñentes para a industria da madeira |
Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada |
|
Titular: Foresa, Industrias Químicas del Noroeste, S.A.U. (Foresa) |
Núm. rexistro AAI: 2004/0193_AIA/IPPC_021 |
|
Localización: concello de Caldas de Reis (Pontevedra) |
Expediente: 2024-IPPC-M-115 |
|
Instalación: fábrica de pensos nº 4 en Bretoña |
Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada |
|
Titular: Coren Agroindustrial, S.A.U. |
Núm. rexistro AAI: 2007/0074_NAA/IPPC_073 |
|
Localización: concello da Pastoriza (Lugo) |
Expediente: 2023-IPPC-M-125 |
|
Instalación: explotación industrial porcina tipo mixto e explotación avícola de galiñas de posta para consumo |
Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada |
|
Titular: Avipor Silleda, S.L. |
Núm. rexistro AAI: 2014-IPPC-97-321 |
|
Localización: lugar de Gumarín, parroquia de Saidres, Silleda (Pontevedra) |
Expediente: 2024-IPPC-M-73 |
Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2024
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
