DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2024 Páx. 61245

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 28 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Porto do Son (expediente IN407A 2024/256-1).

Expediente: IN407A 2024/256-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: subestación Barbanza 66 kV.

Termo municipal: Porto do Son.

1. Características técnicas:

As instalacións atópanse na Serra do Barbanza, nas referencias catastrais 15072A048002330000PT, 15072A048002340000PF e 15072A048600010000PM, no concello de Porto do Son, e as súas características técnicas son as seguintes:

• Nova subestación eléctrica Barbanza 66 kV que estará composta por un parque blindado de 66 kV de tipo GIS, disposta nun edificio de nova construción.

• O parque de 66 kV responde a un esquema eléctrico de dobre barra, realizado mediante celas con envolvente metálica para interior, constituído por oito (8) posicións de liña L/Tambre 2 1 (Pos. 602), L/Tambre 2 2 (Pos. 603), L/Boiro (Pos. 604), L/PE Graiade (Pos. 605), L/Palmeira 2 (Pos. 606), L/Palmeira 1 (Pos. 607), L/Porto do Son 2 (Pos. 608) e L/Porto do Son 1 (Pos. 609), unha (1) posición de acoplamento transversal (Pos. 601) e unha (1) posición de medida de barras (Pos. 600)

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e industria (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro municipal de anuncios. Ademais, poderase consultar no Portal da transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Poderase examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que se consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 28 de outubro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña