Expediente: IN407A 2024/106-1.
Solicitante/promotor/a: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: instalación de novo CT rural de 100 kVA, novo tramo de LSMT e nova rede de BT para asumir parte da carga do CT 15CG82.
Concello: Teo.
1. Características técnicas:
As instalacións atópanse na parroquia de Cacheiras (San Simón de Ons), no concello de Teo, e as súas características técnicas son as seguintes:
• LMTS a 20 kV, de 345 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) mm2 Al, coa orixe no PA/S proxectado no apoio nº A7LSQLE6//19-4 existente de formigón da LMT SNT813 Vilar de Calo, 13 (expediente 51.653), procedente da subestación Santiago, para substituír por tipo C-2000/16 frecuentado, e en que se instalará un interruptor ITC e autoválvulas, e remate no CTC proxectado. A liña discorrerá mediante canalización subterránea no interior de tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro en gabia de dimensións de 0,40 metros de ancho e de entre 0,80 a 1,20 metros de profundidade, e instálanse de 2 a 4 tubos de idénticas características.
• Substitución do tramo LMTA a 20 kV, de 149 m, condutor tipo LA-56 Al (existente LA-30), coa orixe no apoio nº A7LMR34G//19-3 existente de celosía metálica e remate no apoio nº 19-4 para substituír. Retensado do tramo comprendido entre os apoios nº 19-4 e o A7N2NE4K//19-6 existente tipo HV-400/13.
• CT compacto prefabricado tipo rural de manobra exterior, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 1L+1P.
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal da transparencia e Goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 28 de outubro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Teo.
Instalación de novo CT rural de 100 kVA, novo tramo de LSMT e nova rede de BT para asumir parte da carga do CT 15CG82.
|
Nº parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietario/a |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
Osebe 15083B503005690001DL |
Labor o labradío secaño |
Antonio Parma |
CT |
38,46 |
||||
|
2 |
Veiga de Arriba 15083A515016090000KF |
Matogueira |
María del Carmen Dopazo Camino |
Apoio |
2,0 |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
m2 aér.: superficie da servidume aérea en m2.
m2 sot.: superficie da servidume soterrada.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
