DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2024 Páx. 61186

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 12 de novembro de 2024 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca un concurso público de prazas de persoal docente e investigador contratado.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario (LOSU); na Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia, e modificados polo Decreto 194/2007 do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro); nas normas provisionais de adaptación dos procedementos de selección de PDI á LOSU e a súa normativa de desenvolvemento, aprobados nos consellos de goberno do 27 de abril, do 24 de outubro e do 20 de decembro de 2023, e do 5 de xuño de 2024, e na normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador interino e laboral contratado, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, no non regulado expresamente nas normas provisionais de adaptación, esta reitoría fai público que mediante a Resolución do 12 de novembro de 2024 se convoca un concurso público para a contratación de persoal docente e investigador nas seguintes categorías:

• Profesor/a axudante doutor/a: 4 prazas.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web da universidade:https://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de novembro de 2024

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado