DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2024 Páx. 61515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 9 de outubro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se lles notifica a varias persoas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados nesta área sanitaria no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros desta área sanitaria, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 10 do texto refundido da Lei xeral de Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, de non achegar no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que se vai achegar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario, teléfono 988 38 58 48-988 36 91 11.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, firmo e selo esta cédula, e a eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 9 de outubro de 2024

José Santiago Camba Bouzas
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

202202613

Y0403678L

202204028

72087990X

202204828

L1511990Q

202206701

54675061J

202302583

44318103R

202303394

Y5985071W

202304038

45159311F

202304050

34906235D

202304074

44662714A

202304397

34604144T

202305085

53817316F

202305211

44493257X

202305339

44480782R

202306404

76736153B

202400371

X5096840V

202401279

34983319C

202401402

44472700S

202401790

Y2255539N

202402407

34950297A

202402427

Y7431639P

202402627

11972294N

202402723

34950393F

202402732

44249675K

202402895

54673075M

202403348

77006295H

202404499

44449896G

202404906

53523175J

202405041

34630725Q

202405110

34559795H

202405241

34715267X