Mediante o Decreto da Alcaldía número 66, do 18 de maio de 2022, aprobouse a oferta extraordinaria para un proceso de estabilización de emprego público deste concello de Baralla.
O día 16 de decembro de 2022 aprobáronse as bases reguladoras das probas selectivas para a provisión, como persoal laboral fixo no Concello de Baralla, dunha praza de peón de limpeza viaria, unha praza de axente de emprego local, sete prazas de auxiliar de axuda a domicilio (AXD) mediante concurso e catro prazas de auxiliar de axuda a domicilio en réxime de concurso-oposición.
As ditas bases foron publicadas no BOP de Lugo número 293, do 24 de decembro de 2022.
As convocatorias realizáronse de conformidade co artigo segundo do Real decreto lei 14/2021, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e a súa posterior conversión na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, publicada no Boletín Oficial del Estado número 312, do 29 de decembro.
Como consecuencia da tramitación do correspondente proceso selectivo, mediante os decretos da Alcaldía do 29 de outubro de 2024, efectuáronse os seguintes nomeamentos como persoal laboral fixo en réxime de xornada completa:
|
Praza |
Nome |
Apelidos |
DNI |
|
Axente de emprego local |
José Alberto |
Gallego Becerra |
**3353*** |
|
Peón de limpeza viaria |
David |
Dacal Rivas |
**3512*** |
|
AXD |
María del Carmen |
Ayán Río |
**1805*** |
|
AXD |
Felipe |
Viñas Moreno |
**0469*** |
|
AXD |
Ofelia |
Montealegre Prada |
**2816*** |
|
AXD |
Almudena |
Fernández García |
**3454*** |
|
AXD |
Eva Clara |
Gomes |
**7428*** |
|
AXD |
María |
Rodríguez Rodríguez |
**5705*** |
|
AXD |
Amparo |
López López |
**8513*** |
|
AXD |
Elvira |
Rodríguez Álvarez |
**6956*** |
|
AXD |
Irene |
Carrete Fernández |
**5669*** |
A formalización dos preceptivos contratos laborales deberá producirse, en todo caso, no prazo máximo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Lugo.
Contra as resolucións de nomeamento os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o alcalde do Concello, no prazo dun mes contado desde a presente publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses.
Baralla, 29 de outubro de 2024
Miguel González Piñeiro
Alcalde
