DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2024 Páx. 61492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, pola que se declara a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Josefa Vázquez Sánchez.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do 21 de novembro de 2023 acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Josefa Vázquez Sánchez (ABI/2017/0037), falecida o 16 de xaneiro de 2016.

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (supl. N. nº 295, do 11.12.2023), no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 231, do 5.12.2023) e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, e foi exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Oleiros, Lugo e Castro de Rei por prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e de derradeiras vontades relativos á persoa causante, nos cales se acredita o seu falecemento o 16 de xaneiro de 2016 en Lugo, e que non tiña outorgado testamento rexistrado. Así mesmo, figuran igualmente incorporados certificados do seu empadroamento no concello de Oleiros e queda xustificada formalmente a súa veciñanza civil galega.

Durante a tramitación do procedemento non se recibiron alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente. Así mesmo, constatouse que a causante tivo un irmán, Fernando Vázquez Sánchez, con DNI 47362604S, falecido o 28 de xuño de 2013, solteiro e sen descendencia, que figura como cotitular en varios inmobles coa súa irmá, sen que conste que tivese aceptado formalmente a súa herdanza a que tiña dereito.

Das consultas efectuadas ante o Catastro Inmobiliario, no Índice Xeral Informatizado de Predios e Dereitos do Rexistro da Propiedade e por outras fontes determinouse, en principio, que polo menos forman parte do cadal hereditario da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto terceiro desta resolución, que comprenden os do seu irmán Fernando, premorto, sen prexuízo da inclusión daqueles outros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante, neste caso, e sen prexuízo doutros, os que deriven da sucesión do seu irmán Fernando Vázquez Sánchez.

A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda e Administración Pública emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións efectuadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos:

– Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

– Código civil, artigos 657 e seguintes.

– Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6 e 20 bis.8.

– Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, título III, artigos 147 e seguintes.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Decreto 141/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública, artigos 14 e 16.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Josefa Vázquez Sánchez, con DNI 76322681X, e entender legalmente aceptada a herdanza ao beneficio de inventario.

Segundo. Acordar igualmente a declaración de Josefa Vázquez Sánchez como herdeira ab intestato do seu irmán premorto, Fernando Vázquez Sánchez, con DNI 47362604S.

Terceiro. Adxudicarlle á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos identificados da herdanza de Josefa Vázquez Sánchez, na cal se inclúen os adquiridos mortis causa do seu irmán Fernando Vázquez Sánchez:

a) Bens inmobles:

– Metade dunha casa en mal estado, con terreo arredor a curral e eira, localizada no lugar de Sisaldo, parroquia de Dorneda, municipio de Oleiros (A Coruña). O conxunto ten unha cabida de 424 m2, dos cales corresponden á casa uns 90 m2 aproximadamente. Estrema o conxunto: norte, sur e leste, con máis de Josefa e Fernando Vázquez Sánchez; e oeste, con camiño veciñal, hoxe rúa do Mar. Forma parte da referencia catastral: 3306420NJ5030N0001RW .

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade da Coruña nº 3, tomo 2793, libro 457, folla 186, predio nº 33533.

– Terreo a labradío no sitio que chaman Viña de Sisaldo, coñecido tamén co nome de Eiras de Sisaldo, na parroquia de Dorneda, municipio de Oleiros (A Coruña), cunha cabida de 3.182,13 m2 aproximadamente, que linda: ao norte, Álvaro Rodríguez González; sur, Fernando López López e Eladio Iglesias Fariña; leste, chan rústico de María Varela e herdeiros de Torres Moreno; e oeste, estrada de Santa Cruz a Mera.

Referencia catastral: 3306402NJ5030N0001AW e 3306402NJ5030N0000PQ.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade da Coruña nº 3, tomo 2793, libro 457, folla 174, predio nº 33525.

– Terreo a prado ao sitio de Augarrío, na parroquia de Dorneda, municipio de Oleiros (A Coruña), cunha cabida de 270 m2; que linda: ao norte, Manuela Castro; sur, cómaro de Juan Salinas; leste, herdeiros de Pedro Caridad Botana; e oeste, prado de José Casal.

Referencia catastral: non consta.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade da Coruña nº 3, tomo 2793, libro 457, folla 177, predio nº 33527.

– Terreo a labradío no sitio do Reguendo, parroquia de Dorneda, municipio de Oleiros (A Coruña), cunha cabida de 358 m2. Linda: ao norte, Domingo Porto; sur, Bernardo Sánchez; leste, Concepción Rey; e oeste, herdeiros de María Pita.

Referencia catastral: non consta.

Inscrición rexistral: non consta.

– Parcela nº 227, do polígono 11 do Catastro, no lugar do Reguendo, parroquia de Dorneda, municipio de Oleiros (A Coruña), de 962 m2. Linda: ao norte, parcela catastral nº 233; sur, camiño; leste, parcela catastral nº 230; e oeste, parcelas catastrais nº180 e 796.

Referencia catastral: 15059A011002270000TK.

Inscrición rexistral: non consta.

– Parcela nº 88, do polígono 11 do Catastro, no lugar de Estripia, municipio de Oleiros (A Coruña). Mide 3.785 m2. Linda: ao norte, parcela catastral nº 87; sur e leste, dominio público marítimo-terrestre; oeste, parcela catastral nº 89.

Referencia catastral: 15059A011000880000TY.

Inscrición rexistral: non consta.

b) Metálico, contratos e outros efectos bancarios:

� Banco Santander, conta de corrente: 0030 6143 41 0386869273.

� En depósito xudicial: 3.857,35 euros.

Cuarto. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de patrimonio, anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: https://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

A resolución será remitida para a súa exposición pública no taboleiro de anuncios dos concellos de Oleiros, Lugo e Castro de Rei por prazo non inferior a trinta días naturais.

Contra esta resolución poderase recorrer por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade cos artigos 112 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil por estas declaracións ou pola adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución, poderán exercer as accións pertinentes ante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2024

José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio