Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Titular: Augas de Galicia (Q1500378C).
Domicilio social: praza Camilo Díaz Baliño, 79, 15781 Santiago de Compostela.
Denominación: refundido de proxecto técnico de reforma de centro de transformación en ETAP Betanzos.
Situación: rúa O Couto, s/n, Betanzos, A Coruña.
Características técnicas:
Instalacións que van ser cedidas á empresa distribuidora:
• Liña de alta tensión soterrada RHZ1-2OL 12/20 kV-Al, 1×240 mm² coa orixe e final en arqueta proxectada en liña de distribución BEG704 entre os apoios D39-2-1 e D39-2-2, cunha lonxitude de 28 m.
• Centro de seccionamento en edificio prefabricado cunha cela compacta SF6 (3L+TT SSAA) con tres celas de liña con interruptor-seccionador, e unha cela de SSAA con elementos de protección e transformador (24 kV, 400 A, 16 kA).
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), este departamento territorial
RESOLVE:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da referida instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
O prazo de vixencia desta autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Esta autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puidese incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra este acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 24 de outubro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
