No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo número 101, do 6 de maio de 2021, publícanse as bases xerais que regulan os procesos selectivos que convoque a Deputación Provincial de Lugo para cubrir prazas vacantes do cadro de persoal funcionario ou laboral fixo incluídas nas ofertas de emprego público, acceso libre (cota xeral e cota de reserva a persoas con discapacidade).
No BOP núm. 247, do 25 de outubro de 2024, publícase a convocatoria e as bases específicas que rexerán, polo sistema de oposición, quenda libre, o proceso selectivo de:
Tres (3) prazas de administrativo/a, pertencente á escala de administración xeral, subescala administrativa, grupo C–subgrupo C1.
O prazo de presentación de solicitudes será vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de edictos desta entidade e na páxina web da Deputación Provincial.
Lugo, 28 de outubro de 2024
O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 4.7.2023)
Pablo Rivera Capón
Deputado delegado da Área de Promoción Económica e Social
