DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2024 Páx. 61522

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de expropiación de terreos, bens e dereitos afectados polo Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID)-ampliación do sistema xeral de equipamento SG-EQ.4 (área deportiva Lalín-Arena).

O Pleno da Corporación, en sesión do 18 de novembro de 2024, aprobou inicialmente o proxecto de expropiación de terreos, bens e dereitos afectados polo Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID)-ampliación do sistema xeral de equipamento SG-EQ.4 (área deportiva Lalín-Arena), redactado conxuntamente polo arquitecto municipal Javier Bugallo Thielem e polo enxeñeiro de montes e técnico de agricultura municipal Francisco Guerra García, do 12 de novembro de 2024 (expediente 4670/2024).

Conforme o disposto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública, polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Lalín, 18 de novembro de 2024

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 7.7.2023; BOP do 14 de xullo)
Pablo Areán González
Concelleiro de Urbanismo